Rosalía y el gallegu

A propósitu de los 160 de la escritura de Cantares Gallegos (1863) y más o menos na rodiada del aniversariu del nacimientu l'autora de Follas novas (24 de febreru de 1837), la escritora Marina Mayoral asoleyó esti artículu Rosalía y el gallegu el 03/03/13, en La Voz de Galicia. Trescribímoslu equí pal so disfrute y enseñanza (sobre too, pa la "enseñanza" de dalgunos que se pretenden "intelectuales asturianos": 

En 1863, despois de varios séculos de silenzo, a que fora primeira lingua poética da península ibérica coas Cantigas de Alfonso X O Sabio, rexurde para volver a ser unha lingua culta. E faino a traverso da voz dunha muller, Rosalía de Castro, que con Cantares Gallegos, devolve a dignidade literaria á fala do pobo galego. Con intuición xenial escolle para este primeiro libro as formas da poesía tradicional, folclórica, que serán máis aceptables para a sociedade española que a lírica intimista. En 1880, en plena madureza publica Follas Novas, onde di: «Non era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara». Esta obra maxistral rompe todos as barreiras que limitaban na época a escritura das mulleres, abre o camiño para a literatura do século seguinte, e consolida ao galego como lingua da poesía social e da lírica. Galicia segue en débeda con Rosalía. En Cantares non fala de si mesma, cedeulle a súa voz a un pobo que durante séculos non a tivera. Hoxe Rosalía é unha figura universal, coñecida e admirada nas mellores universidades de todo o mundo, pero que aínda moitos galegos descoñecen. Galicia, no 150 aniversario de Cantares, debe facer chegar ata o último recuncho as palabras que escribiu para o pobo: Cantarte hei, Galicia /na lingua galega; consolo dos males , alivio das penas... Que este pobo ao que ela tanto amou se recoñeza nas palabras de quen lle devolveu a voz.